Quen somos, que facemos, onde estamos

Á Asociación de Veciños Fonte do Galo, de Vigo–Centro, fúndase no ano 1986 co obxectivo principal de dar solución á problemática que se presenta ante o anuncio da construción dun paso elevado que conectaría a autoestrada co porto de Vigo.

Despois de duras e prolongadas negociacións coa administración por parte dunha veciñanza que obtén a forza da unión e que incluso chega a manifestarse polas rúas, conséguese ao fin o cambio do proxecto segundo as reivindicacións, coa construción dos actuais túneles subterráneos.

Que facemos

Hoxe, co obxectivo de mellorar a calidade de vida no noso barrio, ademais do seu labor reivindicativa en defensa dos intereses de quen aquí vivimos, organiza tamén numerosas actividades culturais, artísticas e recreativas tendentes a facilitar a todos os veciños o goce das mesmas

Fonte do Galo traballa para que nun barrio novo e populoso as súas xentes se coñezan e vivan o movemento veciñal. Aínda coas limitacións que supoñen a ausencia de grandes espazos abertos para celebrar eventos e conmemoracións esta asociación está a organizar e manter unha programación para que a veciñanza do barrio se xunte, se coñeza e conviva, como a celebracións de nadal, entroido, san Xoan, etc..

Grazas a esta entidade a veciñanza do centro pode gozar dun local social que reborda actividade durante todo o ano; neste sentido organízanse conferencias, charlas, obras de teatro, encontros, exposicións e desenvólvense diferentes cursos e actividades acordes coas demandas da veciñanza, como informática, tai chi, danza oriental, bailes de salón, pintura ao óleo, manualidades, decoración e moitas máis.

Os nenos e nenas gozan dunha programación específica á súa medida, con festas exclusivas en carnavais, talleres en Nadal e un grupo de teatro infantil que fai as delicias de pais e nenos nas súas representacións. Promovemos entre eles a práctica do deporte, para iso temos unha escola deportiva onde todos e todas poden practicar o fútbol sala e ter oportunidade de participar nas competicións organizándose nos equipos federados aos que a asociación facilita os equipamentos, adestrador e instalacións para a práctica do deporte.

A asociación funciona como servizo de atención e asesoramento da veciñanza da zona centro en todos os campos que representen unha mellora na calidade de vida comunitaria e individual, facendo forza e buscando solucións ás problemáticas urxentes entre as que cabe lamentar a dos ruídos.

Onde estamos

En Vigo, na rúa Rosalía de Castro nº 41, baixo Z

Telf. 886 125 429

Xunta Directiva

Presidente: don Enrique Felipe Soto Soto

Vicepresidenta: dona Sara Mercedes García Quinteiro

Secretaria: dona Josefa Plaza Villa

Tesorero: don José Ignacio Aymerich Muñoz

Vocal: dona Helena Cáccamo Friebben

Vocal: don Isaac González García

Vocal: don Arturo Paz Daponte

Vocal: don José Blanco Jorge