Actividades para rapaces

FÚTBOL SALA
TEATRO INFANTIL
PIN-PON
ACTIVIDADES NA NATUREZA

 

Futbol sala 

O deporte sempre é bo para os rapaces. Non só fórmaos fisicamente, se non que, tamén forxa a súa personalidade e ensínalles valores esenciais que lles servirán para toda a vida.

- O futbol incrementa a potencia muscular das pernas, mellora a capacidade pulmonar e cardíaca. Estimula a velocidade de reacción, a coordinación motora e a visión periférica. Achega un aumento da densidade ósea a nivel do fémur, aumenta a potencia do salto, incrementa os niveis de testosterona, o que fará con que se forme máis tecido muscular. Osixena o sangue.

- Aprenden roles dentro dun equipo para chegar a un mesmo obxectivo. Foméntanse liderados e dividen responsabilidades.

- Créanse vínculos de amizade.

O futbol sociabiliza aos nenos, e ingrésaos no gratificante traballo en equipo. Algúns sicólogos afirman que é unha boa ferramenta para afastar os máis novos das tentacións das drogas, a violencia, e o alcohol.

  Para nenos e nenas a partir de 7 anos

 

Picar para ver album

Picar en imaxen para ver album

http://arenalfs.over-blog.es

Teatro infantil

Co teatro o neno aumenta a súa autoestima, aprenden a respectar e convivir en grupo, coñecen e controlan as súas emocións, descobren o que é a disciplina e a constancia no traballo, ademais de desenvolverse entre o público.


O teatro tamén pode servir para:

-         Reforzar as tarefas académicas como a lectura e a literatura.

-         Actualizar o neno en materias como a linguaxe, a arte e a historia.

-         Axudar na socialización dos nenos, principalmente aos que teñen dificultade para comunicarse.

-         Mellorar a concentración e a atención dos nenos.

-         Transmitir e inculcar valores.

-         Promover que os nenos reflexionen.

-         Fomentar o uso dos sentidos dos nenos.

-         Motivar o exercicio do pensamento.

-         Estimular a creatividade e a imaxinación.

-         Facer que os nenos se sintan máis seguros.

-         Axudar aos nenos a que xoguen coa súa fantasía

   Para nenos e nenas a partir de 7 anos

Picar en imaxen para ver el álbum

Picar en imaxen para ver el album

 

Pin-pon

 

 

 

 

 

 

Actividades na natureza

Un repaso ás numerosas análises que estudan as deficiencias e carencias que afectan na actualidade á educación e desenvolvemento de nenos, nenas e mozos, nos advirten de que a obesidade infantil se dispara en España polo sedentarismo e a mala nutrición. A diabete, algúns tipos de cancro, problemas cardíacos, hipertensión, asma. Son algunhas das enfermidades cuxo risco se multiplicará, segundo algúns estudos, en case a metade dos que hoxe son nenos en España.
Parece que a día de hoxe hai unha convicción na maioría da sociedade, da necesidade de evitar o sedentarismo en nenos e mozos, potenciando a través da educación, o exercicio físico e hábitos saudables.

Picar en imaxen para ver álbum

Picar en imaxen para ver álbum